facetas

6 resultados

Cabada Vázquez, Xosé Manuel, 1901-1936

(Codeseda, A Estrada, España, 1901 - Linares, Xaén, Andalucía, España, 1936)

Poeta e político galeguista. Estudiou a carreira eclesiástica no Seminario Conciliar de Santiago. Licenciado en Teoloxía, Dereito Canónico, Maxisterio e Filosofía e Letras. Colaborador xornalístico. Poeta e escritor de prosa. Exerceu como mestre.

Artículos de la revista en los que participa 4 [Ver]

Cabeza de León, Salvador, 1864-1934

(Betanzos, Galicia, España, 1864 - Santiago de Compostela, Galicia, España, 1934)

Salvador Cabeza de León, nado en Betanzos o 4 de febreiro de 1864 e finado en Santiago de Compostela o 20 de maio de 1934, foi un destacado galeguista, profesor e político galego.
Galipedia

Artículos de la revista en los que participa 1 [Ver]

Garcés, Tomàs, 1901-1993

(Barcelona, Cataluña, España, 1901 - Barcelona, Cataluña, España, 1993)

Foi un avogado, poeta e profesor universitario de Cataluña.
Estudou Dereito e Filosofía e Letras na Universidade de Barcelona. En 1922, iniciouse como crítico literario, na publicación "A Publicitat". Durante os anos trinta, foi membro do consello de redacción da revista "Quaderns de poesia", ...

Artículos de la revista en los que participa 1 [Ver]

Gómez Ledo, Avelino, 1893-1977

(Chantada, Lugo, Galicia, España, 1893 - Chantada, Lugo, Galicia, España, 1977)

Foi un escritor, tradutor e sacerdote galego.
Trasladouse a Madrid antes dos catorce anos. E cursou a carreira eclesiástica no Seminario de Madrid-Alcalá. Continuou os estudos na Universidade Pontificia de Santiago. Exerceu como párroco en varias parroquias de Madrid. Cando xubilou aos 78 anos...

Artículos de la revista en los que participa 8 [Ver]

Iglesia Alvariño, Aquilino, 1909-1961

(Abadín, Lugo, Galicia, España, 1909 - Santiago de Compostela, Galicia, España, 1961)

Foi un dos poetas máis significativos do século XX en lingua galega. No ano 1986 adicóuselle o Día das Letras Galegas.
Formouse no Seminario de Mondoñedo, mais en 1931 abandonou a carreira eclesiástica ao nono acadar unha bolsa para continuar estudos en Roma. Logo de facer o servizo militar en...

Artículos de la revista en los que participa 11 [Ver]

Parente, Xosé Lois, 1903-1948

(Maceda, Ourense, Galicia, España, 1903 - Ourense, Galicia, España, 1948)

Foi un poeta galego que Ricardo Carballo Calero encadra nos Tempos do Seminario de Estudos Galegos.

Escritor, funcionario, avogado e farmacéutico en Maceda, Xosé Lois Parente relacionouse cos galeguistas da primeira parte do século XX e participou en numerosas xuntanzas e mitins.

Artículos de la revista en los que participa 4 [Ver]